Hoxe martes 14 de maio mergullamos nas orixes da Festa do Salmón na Estrada da man dos Relatos Urbanos con Ricardo Terceiro.
Falamos de Intelixencia Artificial e Seniors xa que a asociación Mulleres da Estrada está a realizar un curso de achegamento dos nosos maiores a esta ferramenta e que está a dar moi bos resultados.
Eli Rey chegou cos petos inzados de curiosidades á volta das tecnoloxías xa que o domingo 17 celébrase o Día Mundial de Internet.
E Xosé Lueiro puxo o ramo a esta mañá adiantando todas as actividades culturais desta fin de semana no noso concello.
Non perdas nada, entra e dalle ao play. É de balde!!
