Hoxe xoves 9 de abril, Ricardo Terceiro fixo un repaso polas transformacións dun dos símbolos da Estrada: A Farola , algunhas máis acertadas que outras.
Ramón Bermejo diretor do Coro da Rá, Cantaparanoia e o OMM Carlos Barruso conversou con nós adiantando o que imos gozar o domingo a partir das sete da tarde no Teatro Principal co programa de música coral e de canto: Acoralados.
Eli Rey chegou como cada xoves cos petos inzados de curiosidades, desta volta a saúde foi o tema principal. Ainda rimos un rato por que rir aumenta os anos de vida…si, si, queres saber máis? Dalle ao play.
E puxemos o ramo con Xosé Lueiro que adiantou o que teremos esta fin de semana na Estrada á volta da cultura destacando o que vai acontecer mañán a partir das 20:30 no Teatro Principal. Mañán poderemos gozar de Rafael Álvarez «El brujo» interpretando o Lazarillo de Tormes de Fernando Fernán Gómez. Ocasión única para gozar deste animal escénico, único e irrepetible.
