RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Hoxe martes 24 de Marzo, falamos coa nosa psicóloga, Verónica Barros da astenia primaveral. Existe?, como nos condiciona?.
Fixemos parada en Teo para coñecer de primeira man a campaña turística posta en marcha baseada na sostibilidade, na cercanía e na veciñanza.
No espazo adicado ao noso rural o «Ruralmente», falamos con Raquel Touceda, parolamos sobre as súas fresas, da tradición familiar, de facer as cousas con alma e corazón e do amor que ten por revitalizar o rural.
E puxemos o ramo con Jamas cantante de Dios ke te Crew que presentou unha nova proposta musical xunto a Mou e DJ Mil que leva por nome Lume Doloop. Rap feito en Galicia e en galego, un disco chamado (RE)Existencia con temas sen domesticar.


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_170645824_feed_1.mp3

Scroll al inicio