Hoxe 1 de Abril facemos un percorrido mental pola Estrada coa planificación das Santas Tapas.
Falamos acerca de igualdade cos mozos e mozas do CNS A Estrada e comentamos os seus máis recientes logros.



Hoxe martes 24 de Marzo, falamos coa nosa psicóloga, Verónica Barros da astenia primaveral. Existe?, como nos condiciona?.
Fixemos parada en Teo para coñecer de primeira man a campaña turística posta en marcha baseada na sostibilidade, na cercanía e na veciñanza.
No espazo adicado ao noso rural o «Ruralmente», falamos con Raquel Touceda, parolamos sobre as súas fresas, da tradición familiar, de facer as cousas con alma e corazón e do amor que ten por revitalizar o rural.
E puxemos o ramo con Jamas cantante de Dios ke te Crew que presentou unha nova proposta musical xunto a Mou e DJ Mil que leva por nome Lume Doloop. Rap feito en Galicia e en galego, un disco chamado (RE)Existencia con temas sen domesticar.