Un home de 56 anos veciño de Teo, permanece en paradoiro descoñecido desde primeira hora desta mañá, despois de non presentarse no seu posto de traballo.
O operativo de procura activouse nas inmediacións da ponte de Pontevea e no entorno do río Ulla, despois de que fose localizado o seu vehículo coa documentación e pertenzas persoais no interior.
Durante a xornada realizáronse batidas polas beiras do río e empregáronse drons para revisar a zona desde o aire. Está previsto que nas próximas horas se incorporen tamén equipos en kayak, así como a unidade de mergulladores da Garda Civil, para ampliar o dispositivo de busca no propio cauce.
Polo momento non transcenderon máis datos, e o operativo continúa aberto á espera de novos indicios.
