RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

Hoxe na Estrada por fin regresou o sol!
Despois de semanas interminables de ceos grises, vento e paraugas, a luz converteuse na protagonista da mañá. Saímos á rúa para saber como se recibe este cambio de tempo e a resposta foi unánime: había ganas de vitamina D, de deixar o paraugas na casa e mesmo —aínda que o frío non marchou— de sacar o abrigo e pasear.

Ademais deste respiro meteorolóxico, repasamos a actualidade local e comarcal:

A Concentración Parcelaria de Codeseda encara os seus últimos pasos, cunha votación clave no Concello.

A asociación As 23 aldeas de Codeseda celebra reunión e prepara xantar para o 21 de marzo.

Codeseda tamén acollerá o V Concurso de Rastro sobre Xabaril Salvaxe, unha das probas puntuables para a Copa Galicia.

A Fundación de Exposicións e Congresos convoca 16 prazas temporais para a Feira de Oportunidades e o Salón do Vehículo de Ocasión.

Os seráns de Vilancosta, da Escola Municipal de Artes Escénicas, inicia a súa xira de despedida con paradas na Estrada, Braga e A Coruña.

Encontro informativo no MOME sobre saúde feminina e un estudo con 100 mulleres estradenses.

A Estrada celebra o Día de Rosalía cun audiovisual protagonizado por nenos e nenas de 2 e 3 anos.

Comarcas:
A Festa da Filloa de Lestedo levará o seu sabor por toda España cun cupón da ONCE de 5 millóns de exemplares.

Deportes:

O CD Estradense cae ante o Céltiga por 2-1 no partido aprazado pola meteoroloxía.

A Escudería Estradense lembra que segue aberto o prazo para solicitar licenza de piloto para competir na tempada 2026.

Un informativo completo, con sol, voces da rúa e toda a actualidade da Estrada e arredores.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_168711912_feed_1.mp3

Scroll al inicio