Hoxe Luns de Entroido, abarloamos a nosa dorna entroideira en Fao, Touro; Trobe, en Vedra e na Estrada onde a concelleira de cultura, Lucia Seoane, ven de anunciar que os actos previstos para hoxe adíanse ao día 1 de marzo e que están pendentes das condicións metereolóxicas para saber se toda a actividade prevista para mañán, martes de Entroido, se mantén.
Na nosa sección adicada ao consumo e ao consumidor falamos sobre a Estratexia 26-30 na que se está a traballar de cara a perfilar as necesidades dos consumidores e aprimorar os servizos.
E viaxamos a Cuntis para dar conta de todo o programa á volta da Festa do Lacón que se vai celebrar o domingo 22. Manuel de Roque, técnico de turismo, animounos a participar, a degustar un bo lacón e partillar o espírito festeiro que alí se vai vivir. Ademais garantiu o bo tempo!
