RadioEstrada

Unha moza de 22 anos resulta ferida leve tras caer unha árbore sobre o seu coche en Caldas de Reis

Unha moza de 22 anos resultou ferida leve tras caer unha árbore sobre o vehículo no que circulaba polo lugar de Cesariños, na parroquia de San Andrés de Cesar, no municipio de Caldas de Reis.


Segundo a información facilitada por Emerxencias do Concello de Cuntis, que tamén participaron no operativo, o suceso produciuse cando a árbore se precipitou sobre a calzada, impactando directamente contra o turismo e causando importantes danos materiais no vehículo. Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061, que atenderon á condutora no punto e procederon á súa valoración médica, así como membros do Parque de Bombeiros do Salnés e da Garda Civil de Tráfico, que aseguraron a zona e regularon a circulación mentres se retiraba a árbore da vía.

As primeiras hipóteses apuntan a que as condicións meteorolóxicas adversas e a acumulación de auga no terreo poderían estar detrás da caída.
O incidente saldouse con danos materiais de consideración e feridas de carácter leve na condutora.

Scroll al inicio