RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Neste É de mañá de martes 10 de febreiro falamos como antesala do día dos namorados con Verónica Barros a nosa psicóloga de cabeceira. Con ela aprofondamos nas novas relacións, da confianza, da comunicación e de como vivir as nosas relacións afstados do amor romántico.

Abarloamos a nosa dorna entroideira en Couso, A Estrada e Alex Pequeño o Presidente da Asociación que organiza o Entroido contounos como o van celebrar e convidou a toda a audiencia a xuntarse en Couso nun dos Entroidos máis enxebres da comarca.
E sen perder de vista o Entroido parolamos con Eutropio Rodríguez, fotógrafo, que ven de publicar un foto-libro sobre os Xenerais da Ulla e que vai presentar esta semana en Nova York.
E como ven de convocarse o Premio Honorífico ao Labor das Mulleres da Estrada, falamos con Amalia Goldar concelleira de Igualdade, cultura, servizos sociais e urbanismo quen debullou esta convocatoria e deu unha vista de ollos ao traballo que se está a facer desde o concello para acadar a ansiada igualdad real.


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_168096154_feed_1.mp3

Scroll al inicio