RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

Nesta edición do informativo contámosche toda a actualidade da xornada na Estrada e na contorna:

⛈️ Os fortes raios desta mañá provocaron desperfectos en vivendas e comercios de Santa Cristina de Vea.

🏛️ O concelleiro de Facenda, Alberto Blanco, fai un balance positivo dos orzamentos municipais de 2026, aprobados no pleno ordinario de febreiro.

💊 Oca contará cunha botica anexa permanente, tras autorizar Sanidade a súa instalación.

🧠 Segundo premio para unha investigación do centro de saúde da Estrada sobre deterioro cognitivo. O proxecto SIMOA aposta pola detección precoz mediante análises de sangue.

🌸 A Estrada pon en marcha un proxecto de educación para a saúde sobre o climaterio, dirixido a 100 mulleres de entre 30 e 60 anos, con charlas no centro de saúde.

🎬 Esta fin de semana clausúrase o PANIC, o ciclo de cine de terror da Estrada. Hoxe proxéctase no Pazo de Oca a película “La Novia Ensagrentada”, rodada alí no ano 1972.

🗿 A Estrada contará cunha escultura a tamaño natural da familia Castelao paseando pola Praza de Galicia.

🥁 Os baterías de Robe e Fito ofrecen unha clase maxistral na Estrada, con Alejandro Pereiras, responsable de Musikenos.

🎶 Laura LaMontagne presenta un novo videoclip gravado na Estrada e inicia etapa en solitario co single “SonRisas Falsas”.

📻 Toda a información, aquí, en Radio Estrada.
💛 O que pasa na Estrada, pasa por aquí


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_167938525_feed_1.mp3

Scroll al inicio