Hoxe no é de mañá puxemos o foco no día mundial contra o cancro que se celebra o 4 de febreiro e falamos coa nosa psicóloga, Verónica Barros de como esta enfermidade impacta na saúde mental dos pacientes e das súas familias.
Botamos a áncora entroideira en Marrozos (Santiago de Compostela) e en Bama (Touro). Se queredes saber onde e como van ter lugar os atranques, vivas e cantares dos seus coros e parrandas escoitade a Eva Cebeiro e máis a Pablo Fernández. Ambos ollando para o ceo, pendentes da metereoloxía.
E como percorrer tantos sitios dá moita fame fixemos parada en Padrón para falar con Chus Campos, concelleira de comercio e turismo, quen nos dixo que esta finde semana podemos facer a ruta da croqueta. Croquetas de polbo con queixo de arzua, de cocido, de pementos de padrón e moitas especialidades máis que poderemos degustar estes sábado e domingo.
