RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

Repasamos unha xornada marcada pola tranquilidade en Emerxencias A Estrada tras unha tarde previa con incidencias destacadas. Celebramos tamén o 19º aniversario de AEstradaDixital e coñecemos os avances do 4º Ciclo do Seminario Internacional impulsado polo Concello e a Universidade.

Falamos do inicio da Escola de Emprego Xuvenil 2026, da apertura do programa de arteterapia para persoas con discapacidade intelectual e do recoñecemento oficial á Unidade de Policía Adscrita por parte da Academia Galega de Seguridade Pública. Ademais, San Tomé de Ancorados estrea o seu retablo barroco de 1750 e o ciclo PANIC trae unha nova tarde-noite de cine de terror.

Completamos o bloque local coa viaxe dos socios de Bonsai A Estrada á VII Convención da Unión del Bonsái Español, a última sesión do Obradoiro da Danza do Entroido da Ulla en Couso e a chegada en febreiro do food truck “O sabor das Rías Baixas”.

Na comarca, destacamos o 30º Rali do Cocido en Lalín, con nove tramos cronometrados, e o recoñecemento ao Colexio de Valga como centro de referencia en innovación educativa.

No deporte, achegamos a previa futbolística da fin de semana coa análise do encontro entre o CD Estradense e o Xuventude de Sanxenxo.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_167608604_feed_1.mp3

Scroll al inicio