A Estrada afronta unha xornada marcada pola alerta laranxa por neve, coa maquinaria e o sal xa preparados para garantir a seguridade viaria. No ámbito cultural, o Concello presentou esta mañá o programa do Entroido 2026, mentres que hoxe arrinca PANIC, o Ciclo de Cine de Terror da Estrada, cunha charla de Dario Loureiro e unha maratón de películas nos Minicines Central.
A fin de semana chega tamén coa estrea de “RuralMente”, unha xornada dedicada a poñer en valor o sector agrogandeiro. Ademais, coñecemos o cartel da Rapa das Bestas presentado en FITUR e achegámonos ao libro “De nais a fillas, receitas para non esquecer”, que reivindica a memoria culinaria e o papel das mulleres na transmisión do saber tradicional.
Na comarca, Forcarei pon en marcha un rexistro público para medir a demanda real de vivenda, e en Silleda retómanse os obradoiros de estimulación cognitiva para persoas con Alzhéimer.
No deporte, repasamos a previa futbolística do fin de semana e destacamos un fito histórico para o badminton local: o regreso do Bádminton A Estrada á liga nacional nove anos despois. Ademais, o atleta estradense Brais Rey é convocado coa selección galega de campo a través, e este sábado comeza na Casa das Letras a Liga Galega de Xadrez, co Club Xadrez A Estrada enfrontándose ao Rianxo B.
Un episodio completo, con toda a actualidade da Estrada e comarca.
