RadioEstrada

Javier Martínez Carracedo recolleu o ouro do ralisprint na Gala da Federación Galega de Automobilismo

Esta pasada fin de semana celebrouse no Pazo dos Deportes Paco Paz a Gala 2025 da Federación Galega de Automobilismo, un acto no que o automobilismo da nosa comarca tivo un papel destacado.

O piloto estradense Javier Martínez Carracedo foi un dos protagonistas da noite ao recoller o ouro do Campionato Galego de ralisprint, un premio que recoñeceu a súa tempada e o traballo realizado ao longo do ano.

Na gala tamén se entregou un bronce ao silledense Cristián Costoya, ademais doutros recoñecementos colectivos. En concreto, recibiron bronce á mellor organización tres escuderías da zona: Lalín-Deza, Silleda e San Paio da Estrada, polo seu labor na organización de probas e eventos.

Esta mañá, en Radio Estrada, falamos con Javier Martínez Carracedo, que nos contou como viviu a gala, que supón para el este premio e como valora a tempada recentemente pechada.

🎧 Aquí podes escoitar o podcast coa conversa completa.

Scroll al inicio