RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

📰 Informativo de hoxe en Radio Estrada

A xornada chega marcada polo corte total da Praza de Galicia, que finalmente se adiantou ao día de hoxe, impedindo xa a circulación pola zona. O Concello continúa tamén co seu plan de mellora de espazos públicos: limpouse a contorna do Punto Limpo e estúdase a instalación de cámaras de vixilancia para evitar vertidos incontrolados. Escoitamos a valoración do concelleiro de Servizos Municipais, Óscar Durán.

No ámbito social, Cáritas Parroquial da Estrada agradece a enorme resposta da veciñanza na Operación Kilo, que permitiu recoller arredor de 5.000 quilos de alimentos destinados a familias con dificultades ao longo de 2026.

O sector gandeiro continúa a elevar a voz contra o Tratado do Mercosur, reclamando a súa paralización tras a perda de 1.500 explotacións nos últimos tres anos. Conversamos con Adrián Riádigos, da plataforma Gandeiros Gandeiras Eles Elas, sobre as mobilizacións e as reunións previstas nos próximos días.

🌍 Comarcas:
A conselleira do Medio Rural visitou Cerdedo-Cotobade para destacar as axudas á silvicultura produtiva. En Ames, péchase un caixeiro automático en Bertamiráns tras numerosas queixas polo servizo. Cruces xa quenta motores para a XXXIII Festa Gastronómica do Chourizo, o 4 de febreiro. E a Fundación Semana Verde de Galicia aposta pola intelixencia artificial para optimizar a organización das súas feiras.

🏁 Deportes:
O piloto estradense Javier Martínez Carracedo, campión galego de rallysprint, recibiu un galardón na Gala do Automobilismo celebrada en Ourense. Hoxe falamos con el no noso espazo deportivo.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_167017167_feed_1.mp3

Scroll al inicio