RadioEstrada

🎧 As tres Negreira de Galicia | Encontro de irmandade na Estrada

A Estrada acolleu na mañá deste sábado o encontro de irmandade entre os tres concellos galegos que comparten o topónimo Negreira: Negreira, Santa Comba e A Estrada, onde se atopa o lugar de A Negreira, na parroquia de San Miguel de Barcala.

No acto participaron o alcalde estradense Gonzalo Louzao, xunto con Alberto Romar Landeira (Sta. Comba) e Manuel Ángel Leis Míguez (Negreira) e os especialistas Xosé Amancio Liñares Giraut e Fernando Cabeza Quiles.

Un encontro para reflexionar sobre historia, lingua e toponimia, e para reforzar os lazos de identidade compartida entre territorios unidos polo nome e pola memoria.

🎧 Escoita o acto completo en iVoox

📍 Gravado na Estrada | 🎙️ Radio Estrada

Scroll al inicio