RadioEstrada

Pé de Páxina

A escritora estradense Neves Soutelo, nova colaboradora no programa «É de Mañá»

Neves Soutelo inicia unha nova sección cada venres no magazine de Neves Rodríguez «É de Mañá». En cada Entrega, Neves recomendará lecturas ós ouvintes de Radio Estrada. Escoita de novo, AQUÍ

Estas son as de venres 5 de decembro: «La Historia Interminable», Michael Ende (Garmisch-Partenkirchen, 1929; Stuttgart, 1995)
Un clásico inmarcesible da literatura xuvenil. A proposta metaliteraria de Michael Ende somerxe a quen le nunha historia de aventuras que se constrúe a modo de libro-nun-libro. Unha matrioska narrativa que nos fará percorrer o árduo camiño salpicado de probas que Atreyu e Bastian, como o heroe de Vogler, deberán concluir para salvar o Reino de Fantasía.

«El infinito en un junco», de Irene Vallejo (Zaragoza, 1979)
Irene Vallejo desprega ante nós a cartografía definitiva do libro, dende as orixes ata hoxendía. Dende a fráxil natureza do papiro ata o libro electrónico, Vallejo elabora un percorrido ameno -en forma de ensaio de divulgación- pola xenealoxía do libro e no que mestura a partes iguais erudición e narración persoal. É, sen dúbida, unha obra de referencia obrigada para as/os amantes dos libros.

https://go.ivoox.com/rf/163956816

Scroll al inicio