RadioEstrada

Unha comarca unida: a variante oeste de Caldas de Reis

Escoita o PODCAST <–

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible aprobou en xullo de 2025 o estudo informativo provisional da nova variante, que prevé un trazado de arredor de 8 quilómetros polo oeste do municipio. O proxecto busca desviar o tráfico pesado da N-640 e N-550, mellorar a seguridade viaria e facilitar o acceso ao porto de Vilagarcía de Arousa.

A alternativa seleccionada, coñecida como C-3b, atravesa varias parroquias —entre elas Godos, Saiar e Bemil— e prevé tamén unha senda peonil e ciclista. Dende a súa publicación no BOE, o proxecto recibiu preto de catro mil alegacións, reflectindo a preocupación de moitos veciños e colectivos pola súa posible afectación sobre vivendas e zonas de valor ambiental.

Un dos movementos veciñais máis activos é a Plataforma de Godos contra a Variante, que pide revisar o trazado e desvincular o proxecto do acceso portuario.

Para coñecer mellor esta visión e o sentir das persoas que viven máis preto do trazado, hoxe falamos con José Panadero, membro da plataforma.

Scroll al inicio