O Concello da Estrada fixo entrega este xoves, día 30, dunha nova máquina escavadora á Brigada Municipal de Obras.
O acto tivo lugar ás once e media da mañá na Praza da Constitución.
Con esta incorporación, o goberno local reforza os medios materiais do servizo municipal para mellorar a eficacia nos traballos de mantemento e obras públicas no concello.
Escoita AQUÍ <- as declaracións de Gonzalo Louzao e de Miguel Durán (Xefe do servizo de obras).

