RadioEstrada

Abraham Cupeiro, Ramiro Varela e «O recuncho da lingua» premiados co San Martiño de Normalización Lingüística.

O Concello da Estrada vén de anunciar os gañadores dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística. Este ano os recoñecementos son para o musicólogo e multinstrumentista lugués Abraham Cupeiro e para Ramiro Varela, premiado pola súa traxectoria vital a prol do galego.

Tamén se distingue na comarca de Tabeirós-Terra de Montes o micro espazo O Recuncho da Lingua, emitido dende hai seis anos en Radio Estrada, dentro do programa de Isa Durán, Ensaiar é de covardes.

A entrega dos galardóns será o vindeiro 11 de novembro, ás oito da tarde, no Teatro Principal da Estrada. O xurado estivo formado por Lucía Seoane Rosende, Iván Sanmartín Eirín, José Parada Caramés, Henrique Vázquez Pernas, Xosé Lueiro Lemos e María Sanmartín Ruzo, que actuou como secretaria.

Scroll al inicio