A Casa das Letras da Estrada acollerá este Xoves 30 ás 19:00 horas, a inauguración da mostra “Avelina Valladares. Dona de seu”, unha exposición que se enmarca no Ano Cultural 2025 e coa que o Concello da Estrada rende homenaxe ao bicentenario da escritora de Vilancosta.
Comisariada por Xesús Domínguez, a mostra reúne fondos de Tono Arias, Rosa de Cabanas, Hortensia Iglesias, do arquivo familiar Ferreirós Domínguez, do Museo do Pobo Estradense, Editorial Galaxia e a Fundación Penzol.
A exposición propón un percorrido polo contexto, a traxectoria e a obra dunha autora que García Barros bautizou como “Cantora da Ulla”, e que destacou tamén pola súa faceta musical e artística, ademais da poética. A súa produción rolda o medio cento de poemas, varios deles escritos en galego.
O acto de inauguración contará coa presenza do alcalde Gonzalo Louzao, do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e de membros da familia Valladares.
📍 Data e lugar:
📅 Xoves, 30 de outubro
🕖 19:00 h
📍 Casa das Letras da Estrada

🖼️ Retrato de Avelina Valladares elaborado pola ilustradora Rosa de Cabanas