RadioEstrada

18 encontro Folk Lume na lareira.

Presentado o 18º Encontro Folk “Lume na Lareira”

O Concello da Estrada acolleu esta mañá a presentación do 18º Encontro Folk Lume na Lareira, unha cita xa consolidada dentro da programación cultural estradense. A concelleira de Cultura, Lucía Seoane, e Juan Ruibal foron os encargados de dar conta dos detalles desta nova edición, que se celebrará o sábado 16 de novembro ás 18:00 horas no Teatro Principal da Estrada.

O festival estará presentado por Jacobo Pérez (TVG) e contará coas actuacións de grupos e artistas de diferentes puntos de Galicia e do resto do Estado:

  • Grupo de baile As Campiñas da Asociación Cultural San Campio (Vedra)
  • Creación de eventos e integración a través da música Asociación Amorinos (Santiago de Compostela)
  • Grupo de gaitas Xirandola (A Estrada)
  • Cantautor Julio González (Pontevedra)
  • Banda Black Mammy (Santiago de Compostela)
  • Acordeonistas José, Ángel e José Muñoz de Los Coloretes (Granada)
  • Acordeonistas Alonso, José Vidal e Kristo (Almería, Toledo e Madrid)
  • E, como peche, a actuación do grupo anfitrión Lume na Lareira Folk (A Estrada)

As entradas teñen un prezo de 5 euros e poden adquirirse no Departamento de Cultura, na Cafetería Eureka e no Mesón da Estrada.

O evento conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Concello da Estrada e distintas entidades e empresas locais.

Scroll al inicio