RadioEstrada

A lenda de Montelongo. Retransmisión en directo o Sábado ás 19.30

O sábado 25 de Outubro, Radio Estrada sairá á rúa para facer dous especiais en directo. O primeiro será pola mañá, dende o teleclub de Berres. Co gallo do ano Avelina Valladares, ofrecemos un programa con Isa Durán e Pilar Bernárdez.

Xa pola tarde, volveremos a emitir en directo dende o Teatro Principal da Estrada, que acollerá esta fin de semana a estrea da zarzuela galega A lenda de Montelongo. No proxecto participan o Conservatorio Profesional de Música, a Coral Polifónica Estradense, a Escola Municipal de Artes Escénicas e Tequexetéldere. As funcións serán o sábado ás oito da tarde e o domingo ás sete.

Scroll al inicio