Neste episodio de A Galería de Verán, o magazine estival de Radio Estrada (107.7 FM), falamos co Deputado e Edil do Concello de Vilanova de Arousa, Javier Tourís, sobre as «Rutas sensoriais de marisqueo», forma parte do proxecto europeo AWAVES, Ondas Atlánticas, para promover un turismo e un patrimonio sostibles, equitativos e innovadores. Na segunda hora coñecemos detalles da nova edición, a 46ª, da Festa do Pemento de Herbón, terá lugar este vindeiro sábado 1 de agosto na carballeira do Convento dos Franciscanos de Herbón, cóntanolo, Xairo, un dos compoñentes da comisión organizadora.
