RadioEstrada

🎙️ Día Mundial da Radio en Radio Estrada

Hoxe celebramos o que somos. Celebramos a radio de proximidade, a que fala da casa, a que conta o que pasa en A Estrada e na nosa comarca co nome e apelidos da xente.

Neste informativo especial repasamos a actualidade do día:

🔸 Suspendido o Entroido en Couso e Santa Cristina de Vea.
🔸 Homenaxe ao Padre Xiao no Museo do Moble e da Madeira.
🔸 Remiten os vertidos no Matadoiro tras as actuacións municipais.
🔸 Cruce de acusacións políticas polo SAF, o lixo e o conflito en GESECO.
🔸 O alcalde percorre o rural para avaliar os danos do mal tempo.
🔸 “360 Curvas” chega aos Minicines Central coa memoria das mobilizacións da Fonsagrada.
🔸 Mañá, 39 Festa das Mulleres.

En comarcas, Cuntis recoñece a traxectoria de Casa Chedas e Boqueixón inviste máis de 400.000 euros en saneamento rural.

E en deportes, previa da fin de semana e atención posta en Eva Gil, única representante estradense no Campionato de Galicia absoluto en pista cuberta en Ourense.

Información útil, inmediata e de aquí.
Porque o que pasa na Estrada… pasa por esta antena.

📻 Feliz Día da Radio e grazas por estar ao outro lado.

Escoita o informativo aquí 👉 https://go.ivoox.com/rf/168358411

Scroll al inicio